Site icon Crónica3.com A Mariña

A mancomunidade levará a cabo iniciativas na defensa dun turismo de calidade e sen masificacións. O seu presidente valora positivamente a participación da comarca en FITUR

200117 Foto Alfredo Fitur (Buyo e Feijoo)A Mariña, 20 de xaneiro de 2017. A Mancomunidade de Municipios de A Mariña levará a cabo iniciativas para continuar coa promoción dun turismo non masivo e de calidade. O seu presidente, Alfredo Llano, valora moi positivamente a participación da comarca en Fitur e considera que A Mariña debe estar presente noutros eventos.

Llano manifestou: “a verdade é que foron tres días intensos con moito movemento e relación con moita xente co único propósito de favorecer á Mariña en todo aquilo que se poida e en cuestións de turismo tamén”.

O presidente da Mancomunidade explicou que “tiven oportunidade de falar esta mañá con varios touroperadores e estivemos contrastando a cantidade de xente que pode ir á Mariña. A verdade é que os touroperadores non tiñan unha constancia de grandes peticións para ir á nosa comarca. Fixemos unha relación e imos mandarlles información a moitos deles para que saiban onde está A Mariña e intenten enviar ao máximo de xente de acordo coas nosas cualidades, que son moitas”.

Alfredo Llano comenta que “hoxe estivemos no acto institucional onde estivo o presidente da Xunta xa que foi o Día de Galicia. Estivemos nas presentacións de feiras e festas de carácter nacional e internacional, respectando a institución e a Galicia como destino turístico. Aproveitei para ver a moita xente hoxe. Tamén tiven oportunidade de falar con Paco Buyo e quedou de visitarnos en Burela para facer algún tema de deporte e empresarial que el ten”.

Para Llano “en Fitur este ano A Mariña tivo unha actuación excepcional e boa polo que eu puiden comprobar. Movémonos o que puidemos para favorecer A Mariña como destino turístico en xeral. Foi tamén singular e adecuado facer unha presentación a través do xornalista Jenaro Castro, creo que favoreceu unha visión máis global do que é A Mariña. A miña conclusión é que foi positivo para A Mariña”.

O presidente da Mancomunidade insistiu en que “debemos ter máis presenza. Imos procurar facer posiblemente algo para o ano que ven xa que estamos todos os alcaldes, relativo á promoción da Mariña fora de Fitur. Aquí hai que seguir, pero ao mesmo tempo a ver se artellamos algo que realmente nos favoreza e sobre todo no coñecemento global da Mariña, que se vexa que pode ser un destino de moita calidade para moita xente, que é o que queremos presentar. Defendemos un turismo non masivo e de calidade, é o que pretendemos agora e no futuro”.

Exit mobile version