Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación

Burela 23-1-17. A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:05 da mañá do martes, día 24 de xaneiro, un acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación.

Ademais do mozo premiado, no acto -coordinado por Virginia Lama, profesora de Inclusión Educativa- participarán a Xefa de Estudos (María José Andión), a Vicedirectora (Karina Parga), a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística (Miruca Parga), Antonina Semedo e unha representación de alumnos e alumnas que alcanzaron o título de ESO durante o curso 2015-2016.

Con atención específica para o alumnado de recente incorporación ao sistema educativo galego desde setembro de 2014, o IES Perdouro conta desde o presente curso académico cunha profesora especialista en Inclusión Educativa.

Exit mobile version