Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz en Fitur

20170119_143134Alfoz está durante esta semana presente na 37ª edición da Feira Internacional de Turismo FITUR, sen dúbida, un escaparate ideal para mostrar os recursos turísticos do concello.

Con motivo deste encontro amosarase en Madrid a nova campaña de promoción turística do Concello de Alfoz que, baixo o eslogan “Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar”, quere mostrar o seu patrimonio histórico-artístico, así como paisaxístico, representado principalmente polo Castelo de Castrodouro, outrora fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, e que supón o único castelo medieval do norte de Lugo, situado no centro xeografico do xeodestino “A Mariña Lucense”, que precisamente fixo esta mesma tarde a súa presentacion en FITUR.

Exit mobile version