Site icon Crónica3.com A Mariña

As palabras dos politicos non valen nin para gardar

Levaba semans buscando traballo. Talvez por iso aceptou a oferta sen demasiadas preguntas. Tres días máis tarde, encaixado nun pulcro mono branco, iniciaba a súa xornada guiado por un capataz distante. A planta do edificio asemellábase ás espirales que deseñou Gaudí. Era imposible seguir a pista das deceas de corredores que emergían de súpeto e perdíanse máis aló da vista. Axiña sentiu que se afundía nun labirinto de paredes curvas.
– Neste complexo (recitou case de memoria) almacenamos palabras. Nestes momentos, debemos recoller case o… 98% de todas as palabras que son faladas cada día. Uns 10 billóns de palabras máis ou menos. Recollémolas, gardámolas cuidadosamente nestas caixas e almacenámolas nestas galerías.
– Nesta pequena galería depositamos as conversacións de taberna. E xusto na galería contigua, recollemos as primeiras palabras, incluso os balbuceos. Aquí (dixo sinalando un corredor que se perdía no horizonte) almacenamos todas as palabras de amor. Mentres o guía contestaba unha chamada inoportuna, tivo tempo de curiosear entre as caixas e achou frases convencionais, torpes poemas adolescentes e monótonos “ yotambiéntequiero”. Pero non puido reprimir un xesto de admiración ante as palabras que atopou nunha das minúsculas caixas.
Seguiron a súa improvisada ruta polo eixe central e o guía intentou mostrar as liñas básicas das galerías. Alí as discusións acaloradas e os insultos.- Neste espazo, gardamos as conversacións intranscendentes e máis aló,(sinalou cara a un punto impreciso do horizonte as sentenzas científicas.
– E esas caixas?. Uns operarios descargaban con extremado tino uns recipientes de madeira, moito máis pesados que o resto de caixas que vira. Un traballador lustraba cuidadosamente cada palabra antes de depositala na estantería.
– Ah. Esas son as fermosas palabras, sorriu. Eufonías, xogos de palabras, versos perfectos como unha fórmula matemática… Dixo mentres miraba de reollo a pericia do lustrador.

Por fin, o longo traxecto cesou. Estaban case no extremo oposto do complexo. Unhas máquinas moito máis toscas recollían as últimas caixas e deixábaas caer nun gran contenedor. A pila de caixas levantábase no centro da gran bóveda como unha gran pira.
– E esas palabras? apresurouse a preguntar. Por que non as almacenen?. Por que as tratan coma se fosen refugallos?.
– Sorriu levemente. Esta é a galería dos discursos políticos. Antes gardabamos as fraseciñas, pero finalmente decidimos desfacernos deles. O traballo multiplicóullenos estes días por culpa das últimas elecciónse dan inaguracions de carreteriñas de 7 kilometros que tardaron 8 anos en facer…..e outras caralladas . Necesitaremos varios días para limpalo todo.

Exit mobile version