Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 31 de xaneiro estará aberta na casa da Cultura de Burela a exposición de traballos feitos polas mulleres asistentes aos cursos de manualidades, bordados, encaixes e bolillos, impartidos polo CIM o ano pasado

190117 Foto expo Burela 2

Burela, 19 de xaneiro de 2017. Ata o 31 de xaneiro estará aberta ao público na Casa da Cultura a exposición de traballos feitos polas mulleres que asistiron aos cursos de manualidades, bordados, encaixes e bolillos impartidos polo CIM durante o pasado ano 2016.

Ao acto de inauguración asistiron monitoras, alumnas, veciñ@s e usuarios das distintas asociacións locais así como a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, que agradeceu “o grande esforzo realizado polas monitoras, alumnas e persoal do Concello, do CIM, que traballou duro para que esta exposición resultase un éxito. Desde a Concellería de Servizos Sociais apostamos por darlle continuidade a estes cursos, máis aló do 2017, porque as actividades deste ano xa están tamén en marcha”.

Otero destacou “o grande valor artístico dos traballos alí expostos”.

A mostra poderase visitar na sala de exposicións da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 17:30 a 19:30 horas.

Exit mobile version