Site icon Crónica3.com A Mariña

Balance de mocións, rogos e preguntas que “Foz, plataforma de futuro” presentou no Concello ó longo do 2016

Foz 12-1-17.Durante este pasado ano 2016 “Foz, Plataforma de Futuro” estivo traballando todos os días en mellorar as
condicións de vida dos nosos veciños e veciñas, dende o lugar que nos corresponde como oposición ,fixemos
todo o posible porque as nosas decisións influirán positivamente sempre no benestar do pobo de Foz.
Neste tempo presentamos numerosas mocións nos distintos Plenos da Corporación Municipal sendo
aprobadas todas elas, e algunhas xa sendo realizadas, véndose os veciños/as do noso Concello beneficiados,
sen embargo hai outras que o Alcalde ten gardadas no seu caixón.
As mocións presentadas durante o ano 2016 foron:
 Solucionar deficiencias do carril bici.
 Limpeza de camiños públicos.
 Mellorar a estrada en San Martiño á altura da casa de Cerdeiras.
 Adecentamento da zona do Curbeiro.
 Aglomerado da estrada entre o camping e a praia da Pampillosa.
 Actualizar os números das vivendas das nosas parroquias.
 Sinalizar as rúas de Forxán de Abaixo.
 A renovación da pasarela sobre o río Centiño en Vilaxoane á altura do barrio da Pena.
 Mellorar o cruce da casa de Tol, na Espiñeira en Vilaronte.
 Solicitar á Consellería de Educación a implantación do ciclo de grao superior de servizos de
restauración e marketing.
 Mellora da Rúa Constitución.
 Mellora da Rúa Atalaia.
 Reparar a estrada do Alto de Mañente en Vilaronte.
 Instar ó Ministerio de Fomento a modificar o proxecto do corredor, a autovía A-74, se plantexe un
maior afastamento da Basílica de San Martiño e contemple unha segunda saída para Foz.
 Apertura e limpeza do Camiño Real en Cordido.
 Instar ó Ministerio de Costas para construír a rampla de acceso á praia dos Xuncos en Cangas.
 Mellorar a sinalización da parroquia de Nois.
 Instar ó Ministerio de Fomento a mellorar a sinalización na Espiñeira do cruce que hai hacia a
estrada antiga.
 Declarar o Concello de Foz Concello solidario co Alzehimer.
 Repartir o cobro do IBI en 2 veces ó ano e aplicar un desconto do 5% nos recibos domiciliados.
 Instar á Deputación Provincial de Lugo a incluír unha partida nos presupostos do ano 2017 para
continuar coas beirarúas do centro de Vilaronte.
 Instalar o C.I.M no noso Concello.
 Acondicionar o Camiño Vello en Marzán
 Sinalizar o comezo e remate do noso Concello na Estrada N-642.
Así como, numerosos rogos como:
 Sinalización do local social de Santa Cilla na estrada xeral LU-152.
 Solucionar os problemas de escorregamento da rúa prolongación García Lorca.
 Limpeza das áreas recreativas.
 Pintar os pasos de peóns na rúa Concello de Barreiros á altura da gardería.
 Solucionar o perigo de derrube dunha vivenda na prolongación da rúa Xesús Nazareno, outra en
Paco Maañón e Avda. da Mariña.
 Colocación dun contenedor na praia da Arealonga.
 Mellorar a rampla de acceso ó Cemiterio de Vilaronte.
 Reparar distintas fochancas nas rúas do noso pobo.
 Limpeza da fonte de Vilaxoane, así como dunha finca ó lado da casa de Fiallega.
 Mellora da seguridade viaria en Vilaxoane no cruce coa estrada de San Martiño.
 Mellora da iluminación no parque Martínez Otero.
 Colocar taboleiro de anuncios no Chao en Santa Cilla.
 Reposición dun espello na Rúa Pena Parda en Marzán.
 Limpieza xeral de todas as fontes públicas do noso Concello.
 Renovar a ducha da praia das Polas en Nois, así como a colocación dun lavapés.
 Solicitarlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno manteñan o mercado semanal do 9 de agosto.
 Sinalizar a estrada que vai á EDAR de Fazouro de que non ten saída.
 Reparar as deficiencias existentes no local do Centro Social de Foz.
 Limpeza das cunetas das estradas e camiños municipais.
 Revisar duchas e lavapés dos nosos areais.
 Pintar a entrada do aparcadoiro da rúa de Sarria.
 Reparar baldosas soltas ou defectuosas das beirarrúas.
 Repoñer as vallas do Monumento ó Mariñeiro situado en Porto Chico.
 Reparar a fonte pública da praza Conde de Fontao.
 Rozar a Ruta Río Ouro.
 Reparar a fonte existente na área recreativa do parque entre as pontes de Fazouro.
E numerosas preguntas como por exemplo sobre o
 Problemas de seguridade durante o verán.
 Sobre a reparación dos tramos que faltan da N-642.
 Preguntas sobre mocións aprobadas en plenos anteriores.
 Marquesina de San Acisclo.
 Ampliación de locais para a Escola de Música.
 Sobre a retirada dos colectores de aceite usado na parroquia de Vilaronte.
 Reposición dos paneis informativos que había na zona das praias.
 Sobre como estaba a contratación dun novo traballador para Radio Foz.
 Si o Concello tiña pensado instalar luminarias de Nadal nas parroquias.
 En que estado está a tramitación para facer o cambio de residentes para a nova residencia de
anciáns.
 Sobre as novas instalacións da Protectora de Animais.
 Cando se vai convocar a primeira reunión da comisión da Escola de Música.
 Estado de tramitación do PXOM.
 Estado da tramitación da nova EDAR.
Nas decisións importantes da Corporación estivemos á altura das circunstancias e defendendo sempre os
intereses xerais dos nosos veciños:
 Defendemos a xestión pública da nova residencia de anciáns.
 Facilitamos coa nosa abstención a aprobación dos Orzamentos do Concello para que se puideran
realizar moitas das cousas que nos demandaban os veciños e veciñas. (Uns Orzamentos que
chegaron tarde, en xuño, e a día de hoxe están case sen executar)
 Votamos a favor da transparencia e información pública ós nosos veciños.
 Votamos en contra de sacar o servizo de recadación do noso Concello.
 Votamos en contra da suba de taxas da Piscina Municipal.
 Pedimos que se fixera unha exposición pública dos proxectos de remodelación das Rúas Álvaro
Cunqueiro e Avda. da Mariña.
 Votamos a favor da nova ordenanza da Escola de Música Municipal.
 Votamos a favor da aprobación provisional do PXOM.
 Presentamos unha emenda para rebaixar o tipo de gravame do IBE do 0,60 ó 0,54 e votamos a favor
para que os nosos veciños paguen menos de contribución neste ano 2017.
 Votamos a favor do Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Foz, para iniciar
o proceso de financiamento do proxecto e construción da nova EDAR.
En canto á vida interna da Plataforma sinalar que o 18 de abril os/as seguidores/as de “Foz, Plataforma de
Futuro” por unanimidade escolleron á nova Coordinadora de Goberno, que continúa ata data de hoxe. Tamén
se escolleu o Defensor do Simpatizante e a Comisión de Garantías. A Coordinadora de Goberno mantivo
reunións ó longo do ano co tecido asociativo do Concello para coñecer de preto todas as inquedanzas dos
veciños e veciñas de Foz. A Coordinadora de “Foz, Plataforma de Futuro” denunciou no verán a externalización
dos servizos básicos de limpezas á mans privadas no Concello, a falta de socorristas nas praias e falta de limpeza
nas mesmas.
A Asamblea de Seguidores de “Foz, Plataforma de Futuro” decidiu por unanimidade o 15 de xuño de 2016
integrarse na rede de mareas locais e municipalistas “Mareas en Común” para facer unha fronte de cara ás
Eleccións Autonómicas que se celebraron en setembro. Posteriormente coa integración desta organización no
partido instrumental “En Marea”, a nosa organización decidiu darlle o seu apoio público para tratar de sumar
esforzos e conseguir un cambio no Goberno da Xunta de Galicia que tanto maltrata ó noso Concello. A día de
hoxe seguimos colaborando con En Marea, cos seus deputados autonómicos e estatais para a defensa dos
intereses do Concello de Foz, tanto no ámbito autonómico como estatal.
A Coordinadora de Goberno de “Foz, Plataforma de Futuro” quere agradecer en primeiro lugar ós veciños e
veciñas de Foz, todo o apoio recibido durante este ano, todas as achegas que nos fixeron chegar ben en persoa
ou a través das redes sociais. En segundo lugar ós nosos seguidores e seguidoras pola súa asistencia as
Asambleas, as súas achegas e o debate sempre construtivo en prol de Foz e desta formación. E por último, e
non menos importante, a labor inxente e eficaz que están a levar a cabo os nosos concelleiros no ámbito
municipal.
Dende “Foz,Plataforma de Futuro” mostramos a nosa satisfacción por ter conseguido neste ano 2016, que se
solucionaran xa numerosas reclamacións que a nosa formación levaba, ben fora en formato moción ou de rogo,
sen esquecernos que aínda quedan moitas outras por facer, e estamos convencidos que existe outra forma de
facer política para estar máis e mellor ó servizo dos veciños e veciñas do noso Concello.
COORDINADORA DE GOBERNO DE “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO

Exit mobile version