Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estará presente en xantar, en ourense, do 1 ao 5 de febreiro

Burela, 31 de xaneiro de 2017. O Concello burelés estará na Feira Xantar, en Ourense, do 1 ao 5 de febreiro con stand propio, segundo informa a Delegación Municipal de Turismo.

O edil Ramiro Fernández Rey explicou que “este tipo de feiras son unha boa oportunidade para facer promoción turística e para poñer en valor os nosos productos pesqueiros”.

O concelleiro de Turismo comentou que “nesta edición o stand presentará novidades. O ano pasado foi a primeira edición á que acudíamos dende que entramos no goberno, e houbo cousas que non nos acabaron de convencer con respecto á nosa participación en Xantar. Este ano imos levar unha azafata que coñece perfectamente Burela”. Fernández Rey lembrou que “en anos anteriores contratábase á empresa que xestiona a propia feira a presenza dunha persoa para atender ese stand”.

O responsable de Turismo subliñou que “ademais disto alcanzamos unha colaboración coa empresa Conservas Ares para que no stand se poida degustar o bonito de Burela, co que entendemos que vai ser un reclamo perfecto para ter unha boa afluencia de xente nese expositor”.

O concelleiro burelés entende que “na estratexia turística de Burela os visitantes galegos, e máis concretamente os da zona de Ourense poden ser un bo referente para o turismo de Burela, xa que é unha provincia interior e os datos confirman que no verán buscan zonas de costa onde pasar as súas vacacións. Por este motivo entendemos que esta Feira é unha boa oportunidade de darse a coñecer”.
Ramiro Fernández Rey desprazarase o venres a Xantar, en Ourense, para axudar in situ e en persoa á promoción de Burela no XVIII Salón Internacional da Gastronomía e do Turismo.

Exit mobile version