Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata en Xove

cabalgata-3O Concello avanza cara o final deste Nadal. A Cabalgata de Reis, que se celebrou este xoves, marca un dos puntos finais do amplo programa de actividades dlo Concello para este Nadal.

A Cabalgata comezou ás 19:00 horas, pero antes, os Reis fixeron unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, dándolle calor aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partiron en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, cortando despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis estriveron un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Para rematar, tódolos nenos e rapaces disfrutaron dunha FESTA INFANTIL no Pavillón coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

Exit mobile version