Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración do “día da paz” no CPR Martínez Otero

CONCERTOPOLAPAZ_CPRMARTÍNEZOTEROEste venres, día 27 de xaneiro, celebraremos no CPR Martínez Otero, con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, o “Día da Non Violencia e a Paz”. Nesta data, que para nós é cada día do ano, facemos fincapé na necesidade de que a educación sexa un dos mellores mecanismos para a transmisión de valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Nesta xornada, lúdica e festiva, realizarase unha Eucaristía pola Paz na Igrexa Parroquial e un xogo colaborativo entre os diferentes cursos. Ademais, e para rematar esta celebración, ás 15h20 no Salón de Actos do Colexio, teremos o luxo de contar co Coro Xuvenil da Escola Municipal de Música de Foz. O concerto está aberto a todas aquelas familias que se queiran achegar.

Exit mobile version