A personalidade diferenciada de un dos asistentes ó mesmo; a súa presenza distinguida; a pulcritude dos modais e algunhas intervenciós eruditas nos coloquios, realizadas con exquista corrección e cortesía,fixeron de él centro de atención de boa parte dos participantes nas Xornadas.O talante comuncativo, a modestia e simpatía, permitíronnos a aproximación á persoa e compartir horas de grato faladoiro, nos que o seus coñecementos e discursos inferían un especial interese.
Staffan Mörling é o nome do noso persoeiro: sueco, casado coa galega da illa de Ons, Xosefa; licenciado en Atropoloxía Cultural, Historia da Arte e Latín, así como profesor de Inglés na Escola Naval Militar de Marín. A admiración e o amor a esta terra levárono a investigar sobre diversos aspectos da súa historia e da súa cultura.
Autor do libro “As embarcacións tradicionais de Galicia” afanábase entón na realización de senllos traballos sobre as estructuras do poder tradicional no rural galego; estudo conducente a explicar as causas polas que en Galicia non se plasmaseun nacionalismo con peso político. E por outra parte, a análise de “O cantar do Mariscal” ou “Canto da Frouseira”, para saber de qué tipo de canción se trata e en qué contexto nace unha canción así.Escrita en estrofas de catro versos, revela que é unha das que se cantaban en feiras e mercados, de forma historiada.”A mín chaman Tornamira,señora de gran tesouro, din dous dos seus versos; o que se relaciona coa lenda , según a cal existe na Frouseira un tesouro oculto.
Cando os asistentes realizaron a visita á Frouseira o Sr. Mörling sorprendeo a todos: da bolsa de deportes que portaba sacou unha gaita galega e, con grande maestría, lanzou ó ár as notas da Alborada de Veiga. “A Frouseira – nos diría- fai sentir a historia e reflexionar sobre Galicia”.
O noso persoeiro viaxa sempre en tren o que lle permite, según nos informou, observar a paisaxe,falar coas xentes e dar boa conta do espléndido xantar que para as viaxes prepara Xosefa, a súa dona.
Na estación do FEVE, mentres esperábamos o tren, escoitamos a súa opinión sobre as Xornadas: “Moi brillantes e de altísimo nivel, polo que axudarán a coñecer a realidade histórica de Galicia e tamén a divulgar o mito e o símbolo de identidade galega que crearon eses distinguidos scritores e poetas do S.XIX e princpios do XX. Porque, aínda que non sempre deron coa realidade histórica de Pardo de Cela que coñecemos hoxe, a través dasinvestigacións sobrepostas, o seu propósito era serio e recordaron a Galicia que o réxime que representaban estes grandes señores saíra da realidade galega. Non carece de fundamento, pois, ver en Pardo de Cela un símbolo de Galicia, porque así foi. Representaba un estilo de vida moi tradicional desta terra, antes de que o poder central impuxera un control mais estrito deste país. As Xornadas deben constituir unha gran satisfacción para os organizadores, para Foz e para toda A Mariña Lucense”.