Site icon Crónica3.com A Mariña

Doce Concellos da Mariña reciben máis de 198.000 euros en axudas para igualdade

img_5081Lugo, 11 de decembro de 2016.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para dar a coñecer as axudas e subvencións que os concellos lucenses recibirán para promoción da igualdade.

Máis en particular explicaron que o Goberno galego destina aos distintos eixes de actuación na nosa provincia un total de 539.930,75 euros, distribuídos entre o programa de fomento da conciliación e os apoios aos centros de información a mulleres –os CIMs-

Con estas axudas a Secretaría Xeral da Igualdade pretende por en valor o papel relevante das entidades locais na difusión do valor da igualdade e transmitir a colaboración existente neste importantísimo eido entre a Administración autonómica e a Administración local.

De feito López Abella indicou que “non é casualidade que sexan os concellos os que centran estes apoios autonómicos porque ao tratarse das administracións máis próximas á cidadanía, son tamén as mellores coñecedoras da situación das súas veciñas e veciños e poden desenvolver dun xeito máis eficaz as distintas políticas de igualdade”.

Trinta e cinco municipios beneficiados e once CIMs

No que respecta ao programa de apoio aos centros de información a muller serán trinta e cinco os municipios lucenses beneficiarios das axudas da Xunta que lles permitirán reforzar as funcións que executan os once CIMs existentes, así cómo consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles.

A este fin a Xunta destina 474.433,75 euros, outorgando maior intensidade a aqueles concellos que colaboran entre si a través do sistema de xestión compartida. De feito, a xestión conxunta permite atender a máis territorios e a máis potenciais usuarias.

En particular as axudas distribuíronse do seguinte xeito:

•Concello de Palas de Rei con Antas de Ulla, Guntín e Portomarín: 78.041,66 euros
•Concello de Burela con Alfoz e O Valadouro: 70.552,87 euros
•Concello de Sarria con Láncara, O Páramo, Paradela e Samos: 56.000,00 euros
•Concello de Lugo: 45.000,00 euros
•Concello de Monforte de Lemos con Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober: 43.042,44
euros
•Concello de Chantada con Carballedo e Taboada: 41.205,34 euros
•Concello de Viveiro: 35.000,00 euros
•Concello de Ribadeo con Barreiros, A Pontenova e Trabada: 30.683,60 euros
•Concello de Mondoñedo con Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto: 28.284,06 euros
•Concello de Quiroga con Ribas de Sil: 23.981,88 euros
•Concello de Vilalba: 22.641,90 euros

Isto supón que nos once centros de información á muller operativos participan 35 concellos, 32 deles unidos con xestión compartida fronte a 3 con xestión individualizada.

Nove concellos promoverán programas de fomento da conciliación
Por último, no que respecta á liña de axudas para programas de fomento da conciliación esta engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, como por exemplo os bancos de tempo.

Na provincia lucense, que é galega que máis recibe neste concepto, serán nove os concellos beneficiarios, por un importe total de 65.497 euros que se distribuíron do seguinte xeito

•Concello de O Valadouro:12.000 euros
•Concello de Outeiro de Rei: 12.000 euros
•Concello de Xove: 10.471 euros
•Concello de Alfoz: 8.400euros
•Concello de Palas de Rei: 7.450,13euros
•Concello de Guitiriz: 6.699,87euros
•Concello de Taboada: 3.649,70euros
•Concello de Mondoñedo: 2.772 euros
•Concello de Ourol: 2.054,05euros

Exit mobile version