Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas medallas de ouro e unha de prata, acadaron os atletas do c.d.Egovarros-Viveiro no campeonato galego de cross de veteráns

2017-01-16-PHOTO-00000008Viveiro 17-1-17. O domingo celebrouse no circuito do Aguillón na localidade de A Rúa ( Ourense ) a trixésima primeira edición do Campeonato de Galicia de Cross de Veteran, nun circuíto totalmente embarrado pola choiva caida e cun tempo moi frío, o que facía moi difícil manterse en pe, tomaron parte nesta cita un total de 230 participantes de todalas categorías, representando a tódolos clubes de Galicia, batindo un record de participación.

O equipo viveirense estivo representado por 12 atletas masculinos e femininos en distintas categorías acadando 2 ouros e 1 prata.

No apartado femenino proclamouse campeona galega na categoría de W60, Begoña de Arriba.
No apartado masculino o campeón galego en M75 foi Antonio Cabana e o seu compañeiro de clube na categoría de M65, Eliseo López fíxose co subcampeonato galego.

Exit mobile version