
A sala de exposición da Casa da Cultura, en Burela, acolleu esta tarde o acto de entrega de premios aos gañadores dos Concursos de Poesía e Debuxo de Nadal. No acto participaron o concelleiro de Educación e Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano. Os nenos e nenas recibiron diplomas acreditativos e tamén agasallos entregados polo Concello burelés.