Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres da comezo unha nova edición do Campañazo, que organiza o centro comercial aberto de Foz. En total repartiranse 2.400 euros en premios

Cartel Campañazo xaneiroFoz, 12 de xaneiro de 2017. Mañá, día 13, comeza unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Desenvolverase todos os venres ata o 3 de febreiro e repartiranse un total de 2.400 euros en premios, que consisten en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao CCA focense.

Os sorteos serán ás once de noite e emitiranse en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Cada venres haberá 300 euros en vales para o Campañazo e outros tantos para os outros cartóns premiados.
Nesta iniciativa do CCA de Foz participan os establecementos hostaleiros: Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Casa Maño, Costumes do Mar, Dandy, Fraggle Rock, Marexada, Pizzería Xoíña, Tangarte Mariñeiro, Tangarte mesón, Tito & Pizza e Xoyma; e os comercios: Alain Afflelou Óptico Foz, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Asesoría Marcos Fernández, Bombonería Pastelería Amarena, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco Nº 2 (García Lorca), Farmacia Antonio Ulloa, Farmacia Fátima Saa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería Bahía, Lourdes Lencería Moda Baño, Mapfre, MRW, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz y Viajes Rodríguez.

Exit mobile version