Site icon Crónica3.com A Mariña

II Curso de Música Tradicional Galega en Ribadeo

II Curso de Música Tradicional Galega. Días 21 e 22 de xaneiro nas instalacións da EMMeD.
Organiza: Asociación Cultural Ronqueta
Colaboran: Concello de Ribadeo e Cuarteto Illa Pancha

Especialidades e profesorado: gaita (Pepe Vaamonde), percusión (Miguel Anxo López “Chino”), canto e pandeireta (Davide Salvado), baile (Javier Feijoó “Xisco”)

Máis de 70 alumnos e alumnas inscritos nas catro especialidades, superando amplamente a matrícula do curso do ano pasado. Polo que vemos tivo bastante repercusión, imaxinamos que polo profesorado de primeiro nivel, xa que ven xente de A Coruña, Ferrol, de toda a comarda de A Mariña, Asturias, Madrid, Ponferrada, Cantabria e incluso un alumno desde Cardiff (Reino Unido).

Ademais das clases, o sábado 21, ás 19:15 horas, no Salón de Actos da EMMeD, haberá a presentación-concerto do libro “O gaiteiro de Santo Xusto. O son da Ulloa” por Bruno Villamor Gay, autor do mesmo. Fará un percorrido pola vida e repertorio do afamado gaiteiro Ramiro Villamor. A entrada será libre.

Exit mobile version