Site icon Crónica3.com A Mariña

IMOS CAMIÑO DE PERDER O TRANSPORTE, por Rhodéa Blasón

Se erguesen a cabeza aqueles homes visionarios que con cabalos (a veces un só) e carros crearon líneas de unión a principios do século pasado entre as diferentes poboacións de A Mariña lucense morrerían de súpeto pola mala xestión que se fixo da súa herencia no transporte. Moitas persoas que lean esto quizá non o crean, pero antes nesas carretas, tal como no antigüo oeste, viaxaban xuntos animáis e viaxeiros ata que ó redor de 1910 comenzaron a chegar aqueles coches de viaxeiros que tiñan o volante á man dereita e que debían ser conducidos por homes con moita forza, xa que os frenos tíñan que ser
erguidos e baixados moitas veces para frenalos ou darlles a unha manivela situada no frente para encendelos.

¿Cántos anos pasaron? ¿Onden quedan os esforzos dos pioneiros? Agora parece non importar nada de eso, nin as familias que viviron desas rutas. Na comarca de A Mariña tiña as líneas a familia Nistal, coa
Empresa Ribadeo, na zoa de Ferrol, un médico Pita e o seu cuñado, entraban por Vilalba a Lugo, con IASA. Grandes emprendedores. Grandes chóferes e empregados que nunca a ninguén deixaron en terra, tiveran ou non cartos, viaxaran dentro do bus ou na baca. Uns ían estudar, outros traballar, …outros o médico ou os mesmos traballadores facían o traballo que hoxe fan as asesorías de maneira altruista.

En qué poucos anos cambiou todo. ERSA e IASA véndense. Os autobuses condúcense como un coche particular (créanme que sei moito do que falo), tocando un botón, non se requieren nin grande fortaleza nin
mellores reflexos que os demáis. O gasóleo sube e con elo os billetes de viaxe. Tal vez os tempos non son fáciles para ninguén, e menos para as grandes empresas do transporte, pero é unha mágoa que unhas líneas de transporte polas que tanto se loitou finen sin herdanza algunha.

Exit mobile version