Site icon Crónica3.com A Mariña

María José Gómez incorpórase á delegación territorial da Xunta como xefa do servizo de coordinación da área cultural

180117 María José GómezLugo, 18 de xaneiro de 2017.- María José Gómez Rodríguez incorporarase nos vindeiros días á Delegación Territorial da Xunta en Lugo como xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, deu hoxe a coñecer a designación para o posto de Gómez Rodríguez, que é profesora de Secundaria, doutorada en Humanidades e licenciada en Filoloxía Inglesa.

María José Gómez é tenente alcalde do Concello de Guntín dende o ano 2015, tras a constitución da corporación actual.

Ata a data, impartía clases no IES de Monterroso, do que ademais é vicedirectora.

A súa incorporación ao Servizo de Coordinación da Área Cultural está prevista para o próximo venres.

Exit mobile version