Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Concello a facer as xestións necesarias para facer analíticas e publicalas nas distintas fontes públicas do noso concello

Viveiro 16-1-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juán Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O noso Concello dispón de numerosas fontes públicas onde os veciños e veciñas van buscar auga para o seu consumo, así como en época estival tamén é utilizada por moitos visitantes que as utilizan tanto cando van paseando como a van buscar para usar nas súas vivendas.Entendemos dende a nosa formación que estas fontes deben estar mais coidadas, e así mesmo poñer información nelas si a súa auga é apta para uso alimenticio.Son numerosos os veciños e veciñas que nos preguntan si a auga de calquera fonte das que hai no noso termo municipal é apta para o seu consumo, e en numerosos casos non sabes que contestar.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para realizar os análises necesarios nas distintas fontes do noso Concello, como así , a continuación poñer uns carteis nelas que poñan si a auga é apta para o seu consumo ou non.

Exit mobile version