Site icon Crónica3.com A Mariña

Nota de prensa do colectivo “Por nuestro faro”

Ribadeo 18-1-17.O pasado día 9 de decembro de 2016 o colectivo POR NUESTRO FARO remitiu un escrito á Dirección Xeral para a Conservación da Natureza da Xunta de Galicia exercendo o dereito á información medioambiental que garanten as leis europeas e españolas (lei 27/2006 de 18 de xullo) e seguindo os protocolos da SEO BIRD LIFE. O prazo de resposta era de un mes pero non chegou a dia de hoxe. O trámites seguinte, dacordo ca lexislación vixente é a presentación dun novo escrito confirmando a petición e facendo declaración expresa de que a calada será interpretada como un silencio afirmativo positivo. Ou sexa un novo silencio, no prazo dun mes, daríanos a razón no plano xurídico e debera ter consecuencias no plano administrativo e político, anque de sobras sabemos que nanai de la China.

A pregunta do noso colectivo é a mesma que vimos repetindo dende hai moitos meses nos medios de comunicación e nos foros políticos e parlamentares, galego, español e europeo. “¿Existe un informe, no expediente do hotel da Illa Pancha, que avalíe a non afección a Rede Natura 2000?” Pregunta sinxela e doada de respostar….querendo. As respostas cóntanse por evasivas, como a da comisión especializada do Parlamento Europeo “Pregunte na oficina do lado” ou a da Valedora do Pobo : “Eso é cousa de Madrid” ou a da Consellería de Medio Ambiente: “Non recibimos o expediente” ou a do Defensor del Pueblo: “Agarde” “Siga agardando” . No trasfondo resoan as palabras e os silencios do alcalde de Ribadeo e toda a corporación e de non pouc@s ribadenses que agardan ou deben unha sinecura, un trato de favor. “Un premio para Ribadeo” “os informes técnicos son precetivos e vinculantes” si, e infalibles e inapelables, engadimos, como os do Fiouco, técnicos, infalibles, preceptivos, segredos, inapelables. E despois pasa o que pasa.

O Sr. Alcalde de Ribadeo defende a tese de que no puido facer nada e que a responabilidade da desfeita é doutros organismos. A realidade é absolutamente ao revés. O Sr. Alcalde agochou o proxecto, negou información sustancial no momento máis crítico, ou sexa nos primeiros meses da tramitación, saleu en defensa pública do mesmo ( un premio para Ribadeo), deixou sen respostar cinco preguntas da veciñanza cando saleu a luz inevitablemente, deixou de percurar informes obxectivos e rigorosos, xogou ao despiste cos movementos veciñais e artellou un coro ben adubiado para entonar o “non podo facer nada”. Mesmo cando os veciños xestionamos, ao noso cargo, a percura de informes e asesorías estamos facendo a laboura social e cultural que debera facer un concello democrático mínimamente participativo e representativo.

Hai varias semanas preguntamos ao concello por la presencia dunha pala mecánica na illa. Resposta: Nula. Agora pódese observar que as obras levan consigo actuacións a carón do antigo Faro. Pódese preguntar se esas actuacións estaban na licenecia pero non haberá resposta.

Exit mobile version