E que neste remate do ano a Asociación Cultural Arroutados animou a xente a vir disfrazados para percorrer 3km polo entorno do pobo de San Cibrao. A caracter non competitiva do evento fixo que a xente o pasara ben e que deran un especial colorido para despedir 2016. Ao rematar a carreira de adultos entregaronse trofeos aos mellor disfrazados en categoría individual, por parellas e en grupo. Tamén os máis pequenos disfrutaron dun percorrido para eles dando unha volta á Plaza dos Campos, e entregouselles gominolas a todos eles para que recuperaran forzas. Así mesmo dende a Concellería de Deportes e Cultura os conselleiros J. Soto e Dolores García entregaron tamen aos participantes unhas bolsas deportivas co anagrama Cervo Deporte. O presidente da A.C. Arroutados, Marcos González Villares, quixo destacar nesta segunda celebracióna da San Silvestre a boa disposición e o bo ambiente que se xenera neste tipo de eventos que tan necesarios son e que tan bos momentos fan pasar tanto aos participantes coma os organizadores