Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro responsabiliza á Xunta de Feijoo e ao partido popular do atraso das variantes da vila

Viveiro, 10 de xaneiro de 2017. O Bng de Viveiro felicita todo avance nas infraestruturas de comunicación na Comarca xa que, non só son boas senón que imprescindibles para o futuro da Mariña, mais non cre que a inauguración de 7,9 kms de tramo da Vía de Altas Prestacións Costa Norte, proxectada hai máis de 10 anos para unir San Cibrao con Ferrol, sexa motivo de festexo por parte dos dirixentes políticos responsables dos retrasos e incumprimento reiterado de execución dun proxecto, coma este, de vital importancia para o futuro da Mariña, unha das comarcas con máis potencial económico e poboacional da provincia de Lugo, e que o seu continuado retraso está poñendo en perigo. Recordan os nacionalistas de Viveiro que xa no ano 2003 o Sr. Feijóo, cando era Conselleiro de Política Territorial, e sendo alcalde de Viveiro o actual conselleiro de Educación e Cultura do Ministerio en Bulgaria e outros países do Este europeo, o popular César Aja, xa prometerán ambos a construción do tramo Area-Viveiro Sur.

O Bng de Viveiro non vai entrar a valorar as declaración feitas hoxe a pé de rotonda polo Sr. Feijoo porque as consideran unha broma de mal gusto e cren que “nin Viveiro nin @s viveirenses/as nos merecemos máis tomaduras de pelo ao respecto da variante de Viveiro aprobada polo concello, no ano 2006, por unanimidade e co consenso da veciñanza”

Exit mobile version