Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro solicita ao pleno o seu posicionamento contra o peche e traslado a Lugo da oficina de unidade de recadación executiva que tiña a tesourería xeral da seguridade social en Mondoñedo

Viveiro, 02 de xaneiro de 2017. O BNG de Viveiro ven de rexistrar no Concello de Viveiro ( nº 2017-E-RC-11) unha solicitude á alcaldesa e membros da corporación municipal de Viveiro para que no pleno deste mes de xaneiro manifesten o seu posicionamento en contra do peche e traslado a Lugo da URE de Mondoñedo e acorden asímesmo instar ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social o mantemento e, polo tanto, a reapertura da oficina da Unidade de Recadación Executiva en Mondoñedo.

O BNG de Viveiro súmase así á iniciativa colectiva promovida polo BNG da Comarca da Mariña, xa que @s nacionalistas de Viveiro ven necesario aunar forzas na defensa dos servizos públicos porque entenden que a perda de servizos na Comarca da Mariña vai en detrimento da calidade de vida das nosas veciñas e veciños e pon en perigo o futuro das familias do noso concello. E este peche supón un servizo público máis (como xa ocorre co desvío de probas e operación médicas a Lugo, de servizos tributarios e outros) ao que obrigan a renunciar á nosa veciñanza, que contempla incrédula como o goberno do PP lles alonxa os servizos da nosa Comarca e como nos convertimos en cidadáns de terceira coa disculpa da redución de custes ao abeiro da crise para o peche de servizos públicos.

A xestora do BNG-Viveiro

Exit mobile version