Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que as improvisacións do PP e as súas presas na construcción dun edificio para aparcadoiro de pago no hospital provocan mais incomodidades e mais gastos aos mariñáns

Burela, 26 de xaneiro de 2017. A escaseza de prazas de aparcamento no Hospital da Costa está xerando múltiples inconvintes aos mariñáns que diariamente acoden ao mesmo. Para o BNG non é de recibo a forma de actuar da administración, que acomete unha obra sen prever e asegurar antes un aparcamento provisional e unha mínima regulación do tráfico. “Unha vez mais, son os usuarios e usuarias os que teñen que pagar as consecuencias da falta de planificación do Sergas” afirman desde o BNG.

Este caos xerado pola improvisación e falta de comunicación entre dúas administracións, Xunta e Concello de Burela agrava aínda mais a xa de por sí deficiente situación da asistencia sanitaria na comarca, provocando que incluso persoas con mobilidade reducida teñan serias dificultades para acceder a consultas e chegar a tempo ás mesmas.

Menos fotos e mais solucións, que non son as sancións.
Para o BNG a solución non pasa por sancionar, cargándolle mais gastos aos mariñáns porque ainda que se sancione, o problema persiste, por iso os nacionalistas demandan que coa máxima urxencia, Sergas e Concello de Burela aborden este tema poñendo solución enriba da mesa.

Desde o BNG instan a Feijóo e a Alfredo Llano a sacarse menos fotos xuntos, coma en Fitur, e a solucionar problemas graves coma este, porque para iso foron elixidos nos seus respectivos cargos, e para iso é para o que teñen que xuntarse, non para sacar fotos con sorrisos que o único que fan é agochar os graves problemas que ten esta comarca.

Exit mobile version