Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo celebrará o día mundial da educación ambiental con actividades nos dous colexios este xoves 26

Cervo, 24 de xaneiro de 2016. O Concello de Cervo celebrará o Día Mundial da Educación Ambiental con actividades nos dous colexios do municipio este xoves, día 26.

A concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, anunciou hoxe que “este xoves, 26 de xaneiro, celébrase en todos os lugares o Día Mundial da Educación Ambiental. Para o Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Medio Ambiente e de Educación, esta é unha data moi importante, xa que entendemos que onde mellor prende a concienciación e nos máis pequenos. Por elo queremos levar aos colexios de Infantil e Primaria do noso concello unha serie de actividades relacionadas co día para facer do xogo unha aprendizaxe efectiva e que ao mesmo tempo sexa divertida. Son os que chamamos xogos ecolóxicos: da reciclaxe, do ciclo da auga, da deforestación, etcétera”.

As actividades desenvolveranse nos CEIP de Cervo e San Ciprián e contarán con presenza de Manuela Méndez e tamén da edil delegada de Educación, Dolores García Caramés, ademais de monitores para desenvolver os xogos co alumnado dos dous centros.

Exit mobile version