Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz vendeu en menos de tres horas as 550 entradas para a cea de coroación da raíña do entroido

240117 SALA BAHÍA (FOZ)Foz, 24 de xaneiro de 2017. Na Delegación de Cultura do Concello de Foz vendéronse onte en menos de tres horas as 550 entradas dispostas para a cea de coroación da raíña do Entroido, que se celebrará o día 11 de febreiro. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que o Entroido focense está a vivir un dos seus mellores momentos.

Javier Castiñeira explicou hoxe que “onte abriuse o prazo para recoller as entradas para a cea de coroación da raíña do Entroido e o mesmo día quedou xa pechado posto que en menos de tres horas vendéronse 550 entradas; e polo tanto o aforo está completo. Estamos moi contentos pola demanda e porque o Entroido de Foz está a vivir un dos mellores momentos da súa historia; proba disto é esta cea de coroación da raíña, na que no ano 2011 eran arredor de 150 persoas, das cales a metade estaban incluso sen disfrazar, e pasamos agora a máis de 600 persoas, que roldaremos entre os invitados máis os participantes”.

O alcalde de Foz considera que “algo se debe estar facendo ben dende a organización; e, por suposto, felicitar ás peñas pola súa colaboración, posto que sen eles dende logo sería imposible. Eu creo que a raíña e as damas van estar moi contentas, van estar ben apoiadas, e isto augura que vai ser un principio do Entroido estupendo”.

Castiñeira engadiu que “nos vimos obrigados desde o Concello a ampliar a carpa e tense falado xa coa empresa para facer unha á medida co máximo espazo posible. Sacarase tamén o catering da carpa e poñerase nunha zona externa ao recinto. Polo tanto tranquilidade absoluta posto que eu creo que incluso vai haber máis espazo para estar moito máis cómodos que o ano pasado. É certo que o Concello está a facer encaixe de bolillos para poder aumentar a capacidade, pois practicamente temos unha suba dun dez por cento cada ano. Estamos contentos e é moi bo inicio do Antroido 2017”.

Exit mobile version