Con motivo da tráxica morte dunha nena de 14 anos na Fraga Vella este mércores pola tarde, o Concello de Mondoñedo decide suspender parcialmente os actos programados con motivo da chegada á cidade das Súas Maxestades de Oriente.
Queda suspendido o percorrido en carrozas dos Reis Magos xunto aos seus séquitos polas rúas da cidade e toda a ambientación musical.
As Súas Maxestades de Oriente recibirán en todo caso aos nenos e nenas no AUDITORIO MUNICIPAL ás 19.30 horas. Tamén se mantén o espectáculo infantil posterior.