Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo adquiriu unha máquina corta céspede para o mantemento do cemiterio municipal. o investimento rolda os 5.000 euros

050117-foto-corta-cespede-cemiterioRibadeo, 5 de xaneiro de 2017. O Concello ven de adquirir unha máquina corta céspede para o mantemento das zonas verdes do cemiterio municipal. O seu custe rolda os 5.000 euros.

O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz, anunciou que “o Concello de Ribadeo ven de adquirir unha corta céspede para o cemiterio municipal. Había unha necesidade para o mantemento da área verde bastante extensa que ten o camposanto”.

O edil ribadense contou que “eses traballos se estaban a realizar cunha máquina que facía os campos de fútbol e o cemiterio, entón decidimos traer unha específica para o cemiterio. Conta cun sistema novedoso de corta de herba que non necesita nin carro nin nada, vai triturando a herba, entón é moi adaptada para o cemiterio, para este tipo de área en concreto”.

Jorge Díaz manifestou que “o custe desta máquina rolda os 5.000 euros con IVE incluído. Esperemos que teña un rendemento próspero e que se note a súa eficiencia no traballo día a día no cemiterio municipal”.

Exit mobile version