Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP burelés asegura que os posibles pagos efectuados desde o día un deste mes poderían terse feito con vicio de nulidade

Burela, a 13 de xaneiro de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela advirte de que os pagos efectuados polo concello desde o día un do presente mes poderían facerse con vicio de nulidade, é decir, poderían ser nulos de pleno dereito, ó non estar asinados por un tesoureiro con habilitación nacional.

“Esto é así, afirman desde o GMP, porque o concello de Burela non conta con tesoureiro habilitado nacional, contravindo a normativa vixente, que demanda dos concellos que a día un de xaneiro do presente ano tiñan que contar con esta figura dentro da súa plantilla de empregados.” “E esta normativa, engaden, foi promulgada hai dous anos, dándolle tempo sobrado ós concellos para adaptarse á mesma mediante distintos mecanismos”.

Para o GMP “a situación que se xenera no concello de Burela é grave por varios motivos. Primeiro, porque o concello debería arbitrar unha fórmula para retrotraer aqueles pagos que se puideran ter efectuado, o que sen dúbida provocaría atrancos administrativos e mesmo podería provocar recursos por parte dos proveedores afectados. Segundo, non sería descartable unha paralización dos pagos en tanto en canto esta situación non se aclara e define, o que pode traer consigo problemas de liquidez a algúns proveedores. Terceiro, porque se advirte que o alcalde e o seu goberno non foron capaces de buscar solucións (que as tiñan na man), o que pode prolongar o problema durante meses. E cuarto, resulta inadmisible que por parte do alcalde non se solicitase informe sobre a procedencia ou non de facer pagos a partires do pasado día un.”

“Para complicar máis a cousa, engaden os edís do PP, o alcalde nomea tesoureira a unha funcionaria municipal que non reúne os requisitos fixados na normativa legal vixente para desempeñar tal posto, entendemos que tentando salvar a cara e escurrir o bulto”.
Os populares indican que “se ben o concello aprobou a principios de outubro unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) na que se inclúe o posto de tesoureiro con habilitación nacional, hai que destacar que non é hasta mediado decembro cando se envía o expediente á Dirección Xeral da Función Pública para a clasificación do mesmo, o que implica un retraso de máis de dous meses. O sorprendente do caso é que sí se convocou con carácter interino a praza de arquitecto, aprobada na mesma modificación da RPT, pero non a de tesoureiro, que en realidade é máis importante ca de arquitecto porque hai unha disposición legal que obriga a telo o día un de xaneiro do presente ano”.
Desde o GMP afirman que “neste asunto, hai dous responsables directos, o alcalde e a concelleira de Economía. Do alcalde sabíamos que lle gusta a política de festa e circo, e tamén sabíamos que lle tén pouco apego ó traballo e a abordar os problemas reáis con rigor e seriedade, ainda que cobra 44.999’00€/ano. Da concelleira de Economía non esperábamos tan baixo rendemento, porque se lle presume unha capacidade que seguramente tén, pero que unha vez tras outra demostra estar máis fóra do concello ca dentro, a pesares de cobrar 14.000’00€/ano dos cartos de todos os veciños. Pero debemos estar tranquilos, unha vez máis o alcalde dirá que non hai ningún problema, que todo está controlado, non asumirá ningunha responsabilidade e culpara á Xunta e ó Goberno Central de todo este asunto. Mentres tando, o problema seguirá sen resolverse”.

Exit mobile version