Lugo 13-1-17. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, adiantou este venres que o Plan Integral da rede viaria provincial do 2016, que puxo en marcha o Executivo Provincial, acadará os 6 millóns de euros. Así o avanzou tras a Xunta de Goberno, na que se contrataron novas actuacións de 1,2 millóns de euros, que suman ás xa adxudicadas con outros 3,7 millóns, así como ás de case 1 millón de euros que se aprobarán nas vindeiras sesións. “Isto suporá que o Plan Integral do 2016 acada os 6 millóns de euros”, explicou Campos Conde. As obras de 6 millóns de euros son en estradas provinciais de máis de 20 Concellos que superan os 60 quilómetros de aglomerado en quente.