Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación financia con 2,2 millóns 310 actuacións nos 67 Concellos para impulsar o sector primario e o rural

Lugo 9-1-17. O Executivo Provincial rematou este luns na Xunta de Goberno coa resolución do plan de impulso ao rural e ao sector primario, dotado de 2,2 millóns de euros. Con este orzamento, o Goberno da Deputación financiou 310 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades dos 67 Concellos lugueses.

Estas 310 subvencións, que se concederan tras un proceso público de concorrencia competitiva, é dicir, que foron axudas ás que puideron concorrer colectivos veciñais de toda a provincia, están encamiñadas o impulso do sector agrogandeiro, a través da recuperación de terras abandonadas, do sector pesqueiro, do vitivinícola, ao hortícola, así como melloras en accesos do rural e redes de augas; e centros
socioculturais.

Exit mobile version