Dos 166 postos xerados ata o momento, 148 están ocupados por outras tantas persoas que foron seleccionadas en procesos públicos, organizados polos 44 municipios nos que xa están a traballar. (LISTAXE DOS EMPREGOS POR CONCELLO AO FONDO DESTA INFORMACIÓN).
Na actualidade, está aberta a solicitude dos restantes 18 empregos xerados. Son en Baralla, Friol, Mondoñedo e O Saviñao. En Baralla, ofértanse 3 postos como peón, e o prazo está aberto ata o 27 de xaneiro. En Mondoñedo, búscase 1 varredor-peón, e as solicitudes poden facerse dende o 30 de xaneiro ata o 7 de febreiro. En Friol, son 6 peón de mantemento de espazos naturais, e no Saviñao 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo. O prazo para concorrer aos empregos destes últimos municipios abrirase proximamente. A inscrición e máis información ao respecto nos propios Concellos.
Hai outros 97 postos de traballo máis, cuxos procesos de selección, dos que se encargan os Concellos, terán lugar nas vindeiras semanas, pois o Goberno da Deputación financia os custos laborais dun total de 263 novos traballadores nos 66 municipios. Faino con 3 millóns de euros, que distribuíu en base a criterios totalmente obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais. Isto supuxo que cada Concellos reciba axudas de entre 27.000 e 67.000 euros para a contratación persoal.
193 empregos máis e 7 accións formativas con posteriores contratos
O Presidente destacou que, a maiores dos 97 postos de traballos do DEPUEMPREGO, continúa aberta a solicitude dos 193 empregos en empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia, dirixidos a lucenses no paro, que o Goberno Provincial ofrece a través do “Ben Empregado 3, máis social”. Tamén segue aberto o prazo para as primeiras 7 accións formativas do LUGOWORK para 105 mozos lucenses sen traballo e menores de 30 anos. Trátase do plan de emprego xuvenil do Executivo da Deputación, que inclúe formación sobre nichos de emprego na provincia e, posteriormente, contratos laborais durante 6 meses en empresas da provincia.
Distribución dos 148 traballadores
Os 44 Concellos que xa contan con 148 traballadores novos, cuxos custos laborais se financian na súa totalidade a través do DEPUEMPREGO, son os que se apuntan a continuación:
Na Mariña son 22 postos de traballo en 9 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.
Na Terra Chá son 35 postos de traballo en 9 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor
Na Comarca de Lugo son 16 postos en 5 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.
Na Comarca de Sarria son 11 postos en 3 Concellos: O Incio, 7 peóns; O Páramo, 1 animador sociocultural; e en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios.
Na Montaña son 16 postos de traballo en 7 Concellos: Baralla, 3 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 28 postos de traballo en 8 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.
Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.