Site icon Crónica3.com A Mariña

O psdeg-psoe de Mondoñedo demándalle a Elena Candia que convide ás empresas do Concello para concorrer aos contratos negociados sen publicidade que convoca

carretera abudueiras-o coutoMondoñedo, 31 de xaneiro de 2017. O Grupo Municipal Socialista de Mondoñedo demandou na última sesión plenaria que o Concello convide ás empresas de Mondoñedo para poder concorrer aos contratos negociados sen publicidade que se realiza dende o Goberno que preside Elena Candia. González cita como exemplo as obras para reforma e alumeado público no Parque Empresarial de Mondoñedo, onde se executou unha obra que ascende a 21.868 euros, e das tres empresas que concorreron, só unha era de Mondoñedo.

Na mesma sesión plenaria tamén demandou adecentamento do aparcadoiro de Alcántara, situado detrás dos xulgados. “Nesta infraestrutura investíronse máis de 60.000 euros de diñeiro publico, e a día de hoxe está completamente abandonada. Só hai un triste cartel que indica a sinalización deste aparcadoiro. Ademais o mantemento é lamentable, esta cheo de maleza, e as arbores que caeron non se repuxeron”.

O Grupo Socialista tamén se fixo eco da queixa dos veciños do Barrio do Couto, que din que hai empresa que está extraendo madeira nas Abidueiras, e que esta deixando en moi mal estado a estrada municipal. Nese senso demandan que a empresa realice un acondicionamento da mesma, para que os vehículos que transitan por ela habitualmente poidan facelo con toda as garantías de seguridade.

Pueblos más bonitos de España
Noutro punto da Orde do dia, sobre a integración á proposta do Goberno na rede de Pueblos más bonitos de España, o PSdeG-PSOE abstívose nesta proposta, “xa que entendemos que esta rede non representa en absoluto as características e as peculiaridades históricas dunha cidade como Mondoñedo. Ademais do alto custe que supón para as arcas municipais,1 euro por habitante, obter este simbólico título.”

40.000 euros de diñeiro público malgastados
E resumiu “para promocionar Mondoñedo só hai que coller a escoba e limpar e varrer as súas rúas, realizar labores de mantemento en todos os seus monumentos emblemáticos como a Fonte Vella, Praza do Seminario, Cemiterio Vello, Praza da Catedral ou Alameda, entre outros, vaciar as papeleras e retirar a maleza das rúas. Pero sobre todo o que ten que facer Elena Candia é deixar de gastar case 40.000 euros de diñeiro publico en propaganda, que o que leva feito ata agora”.

Exit mobile version