Site icon Crónica3.com A Mariña

O psdeg-psoe de Mondoñedo denuncia que caeu unha árbore no barrio do Couto que incomunica a varios veciños, ante a pasividade do goberno de Elena candia

foto couto-1Mondoñedo, 18 de xaneiro de 2016. Os socialistas de Mondoñedo denuncian a pasividade e a inacción do Goberno de Candia ante os problemas diarios dos veciños de Mondoñedo.

A voceira socialista Esperanza González explica que varios veciños do Barrio do Couto (parroquia do Carmen) puxéronse en contacto comigo para denunciar, que dende o sábado pola mañá están incomunicados por vía telefónica, xa que caeu unha arbore dun particular nunha vía municipal e o cableado do servizo tamén caeu. Denuncia que cinco días despois aínda non foi retirado o arbore, nin solucionado o problema telefónico aos veciños do Couto. A vía municipal ten saída pola parte de atrás, pero esta situación ocasiona problemas aos veciños.

González remarca que Candia, ademais de pasear por Fitur, debería estar máis preocupada por solventar os problemas dos veciños,xa que como se pode constatar teñen outras necesidades máis perentorias.

A voceira socialista emprazou a rexedora local a dar unha resposta e unha solución aos veciños do Couto, xa que non poden usar esa vía municipal e tampouco poden dispoñer do telefono fixo dende as súas casas. Sinala ademais que esta incomunicación telefónica esta motivando problemas, xa que os usuarios non poden recibir nin realizar chamadas dende os seus terminais fixos.

“O Concello presume de ter pala e micropala, pero é incapaz de dar unha resposta áxil e resolutiva ante un problema habitual, que pasa diariamente en calquera concello, como é a caída dunha arbore”, resumiu.

Exit mobile version