Site icon Crónica3.com A Mariña

O SERGAS cubre a praza do facultativo da quenda de tarde no centro de saúde de Ribadeo

Lugo, 09 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, confirmou que hoxe mesmo o Sergas procederá á cobertura de xeito estable da praza de facultativo na quenda de tarde, que permanecía vacante no centro de saúde de Ribadeo

O delegado mantivo hoxe unha reunión de traballo co xerente da Área de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, na que se abordou esta cuestión e na que se confirmou a incorporación deste novo médico.

Balseiro felicitouse por esta nova e salientou que cumpre os prazos e compromisos adquiridos desde a administración autonómica para dar unha solución estable á vacante que se tiña producido neste servizo en horario vespertino.

Con todo, desde a Xunta lembraron que ao longo das pasadas semanas, mentres non se cubriu definitivamente a praza, o Sergas contratou a médicos substitutos, intentando evitar prexuízos aos usuarios do centro.

Exit mobile version