Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares bureleses aseguran que o concello perdeu unha subvención da Xunta porque “o alcalde non se molestou en solicitala”

Burela, a 17 de xaneiro de 2017.- O alcalde de Burela perdeu unha subvención da Xunta de Galicia incluida no Plano Marco de millora de camiños da Consellería de Medio Rural porque nin tan siquera se molestou en solicitala, afirmaron hoxe desde o Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela.
Os edís do GMP indican que “recentemente a Delegación Territorial da Xunta de Galicia fixo públicas as aportacións da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia incluidas no Plan Marco de millora de camiños ruráis ós distintos concellos da Mariña, entre os que non figura o de Burela. Posteriormente tivemos coñecemento de que o goberno socialista nin tan siquera a solicitou, polo que deixarán de investirse no noso concello ó redor dos cincuenta mil euros, cifra concedida en 2015 co anterior goberno municipal do PP.”

Segundo o GMP, “estes cartos servirían para acondicionamento de algún dos camiños que serven de acceso ós montes veciñáis, un dos requisitos que contemplaba a orde de convocatoria para poder acceder á subvención. Pero semella que o alcalde estaba máis ocupado na política de circo e festa, e ‘pasou’ de solicitala”.

Para os concelleiros populares, “vendo este comportamento do alcalde, semella que ó concello lle sobran os cartos, porque se agora vemos que non se pide unha subvención á Xunta, non hai moito vimos que se asina un convenio coa Deputación que comparado con convenios asinados por outros concellos nos poñen directamente na terceira división. Reiteramos que o que tén que facer o alcalde é non adicarlle tanto tempo á política de circo e festa, ainda que sabemos que lle gusta ben, e adicarlle máis tempo a atender os problemas reáis do concello”.

Exit mobile version