Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo anuncian que a Deputación vai realizar un paso peonil en Sargadelos cun orzamento de 159.000 euros

Cervo (Lugo), 16 de xaneiro de 2017.- O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon
agradeceu este luns o compromiso do Presidente da Deputación, o socialista Dario Campos, xa que ven de asinar un convenio co Concello, para realizar un paseo peonil en Sargadelos. Mon explica que esta obra conta cun orzamento total de 158.743 euros, distribuídos en dúas anualidades. O Concello será o responsable de achegar os proxectos técnicos, encargar a dirección de obra, e coordinar a seguridade da mesma. Ademais tamén achegará os terreos precisos para a súa execución.

Francisco Mon remarca que a construción desta senda peonil é unha reivindicación da agrupación socialista que xa levaba no seu programa electoral. Tamén lembrou que a Deputación xa contribuíu cunha achega de 47.000 euros para instalar alumeado nesta mesma zona, a pesares de que o Concello nunca chegou a poñelo en funcionamento.

O voceiro socialista remarcou o esforzo inversor da Deputación de Lugo no Concello. “A día de hoxe Cervo recibe da Deputación preto de 355.916 euros para emprego, servizos sociais, aforro enérxetico ou actividades culturais, entre outros”.

Francisco Mon subliña que concretamente para emprego Cervo recibiu 37.032,09 euros para financiar todos os custos laborais de 5 traballadores, e no que se refire ao POS, recibiu 45.650,40 euros para o saneamento no núcleo da Pena (San Román), e para aforro enerxético, recibiu 19.216,42 euros para melloras e ampliación na rede de alumeado público da Avenida Veiga.

Por último os socialistas agradecen o compromiso da Deputación cos veciños de Cervo. “Sen a colaboración económica da Deputación non poderiamos sacar adiante proxectos imprescindibles como as axudas ao Servicio de Axuda ao Fogar, ou as axudas para asociacións co fin de realizar actividades na vila”, resumiu Mon.

Exit mobile version