Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras de Burela realiza a 1ª etapa do Camiño Natural dá Ruta do Cantabrico

Este sábado Pasada das Cabras de Burela iniciou a Ruta do Cantábrico cun percorrido de 10 Km. apx. que separan as localidades de Castropol e a praia de Arnao. É unha ruta paisaxísticamente moi bonita e cunha riqueza histórica moi interesante xa que ao longo da mesma visitáronse as carpinteirías de ribeira onde Felipe II encargou varios galeóns para a súa Armada Invencible, o que dá idea da calidade profesional dos estaleiros daquela época. Tamén se visitaron as torres de Pardo-Donlebún, un militar valenciano que venceu ao Pirata Drake e que foi Caudillo e Xeneral da flota real e Gobernador de Cuba.
Participaron 75 camiñantes nunha xornada chuviosa á primeira hora, finalizando con algún momento de sol.
A próxima saída será o 11 de febreiro para realizar a 2ª etapa que discorre entre Ribadeo e Rinlo.

Exit mobile version