Site icon Crónica3.com A Mariña

Pesar no socialismo viveirense pola perda de José Luis Docampo Fortes

Viveiro a 24 de xaneiro de 2017

Dende a agrupación municipal do PsdG-PSOE de Viveiro queremos deixar constancia do noso profundo pesar polo falecemento de José Luis Docampo Fortes, máis coñecido como Moro. Nestes tristes momentos, queremos destacar a súa labor no partido durante os vinte anos que desempeñou o cargo de concelleiro, primeiro como edil na oposición e, de 2003 a 2007, como tenente de alcalde do gobernó presidido polo tamén finado Melchor Roel.
Das moitas virtudes e cualidades que o caracterizaban, queremos lembrar o seu compromiso con Viveiro e co partido, o seu traballo e responsabilidade e a súa capacidade para trasmitir alegría e bo humor.

Un fortísimo abrazo para Nilda, a súa muller; para Piky, o seu fillo, e para os seus irmans e demais membros da familia.

Ata sempre amigo e compañeiro.

Agrupación Socialista de Viveiro

Exit mobile version