Nesta nova edición a obra gañadora foi para “De Tacto”, de Míriam Ferradás. O segundo premio recaeu na obra titulada “ Regreso a Ítaca” de Modesto Fraga Moure ; e o terceiro premio foi para Xosé Antón Fortes co titulo, “Ofelia sen dó”. A Deputada agradeceu o traballo dos autores e emprazounos a seguir traballando, escribindo e publicando. “Hoxe a memoria e a obra de Leiras Pulpeiro segue vixente, grazas á xente coma vós”, explicou.
García Porto lembrou tamén que esta mesma semana o organismo provincial publicou as subvencións da Area de Cultura para asociacións; en Mondoñedo beneficiáronse 13 asociacións para realizar 16 eventos, e contan cun orzamento total de 10.000 euros. E no que respecta á Comarca da Mariña concedéronse 137 axudas por un importe total de preto de 90.000 euros, para un total de 91 colectivos.