Site icon Crónica3.com A Mariña

Piñeiro encabezará o reinicio dun Compromiso por Galicia moi renovado

Santiago de Compostela 14 de xaneiro. O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia celebrou este sábado unha xuntanza preparatoria para o II Congreso Nacional que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro.
Na xuntanza douse conta das enmendas presentadas ós tres documentos de debate, o de Política, o de Estratexia e o de Estatutos.

Tamén se validaron as candidaturas presentadas ao Consello Político Nacional, composto por 30 persoas(15 mulleres e 15 homes). Presentáronse un total de 43 candidaturas. Destaca a presenza de moitas persoas novas polo que a idea de renovación e “reinicio” queda totalmente acreditada.

Para a secretaria xeral presentouse unha única candidatura, a de Juan Carlos Piñeiro.O candidato á secretaria xeral de Compromiso indicou que decidiu presentarse ante a petición de compañeiros do partido e despois dun percorrido por distintas agrupacións.

Juan Carlos Piñeiro Docampo entende que “este é un proxecto necesario para o país” e o futuro de Compromiso “está aínda por escribir”. Amosouse animado ante esta nova etapa na que pensa que o obxectivo é “asentar o crecemento territorial na nosa estrutura” ante o reto das vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que está convencido de que a formación galeguista “será a
sorpresa”.

Juan Carlos Piñeiro Docampo(1977) é técnico en mantemento industrial e en prevención de riscos laborais e foi candidato nas pasadas eleccións autonómicas pola provincia de Lugo.

Exit mobile version