Site icon Crónica3.com A Mariña

POIS FALEMOS DA CONSTITUCION

Aquí a dereita fascista e franquista que se refuxion vaixo a batuta dos “Catro Magnificos” exministros de Franco e liderada por Fraga, que era o menos freanquista de todos eles, e o mais intelixente nunca veu con malos ollos o Constitucion, pero de un tempo a esta parte parece que a fixeron eles e defendenada como si de o Quixote se tratara.
Coa Constitución, esa pureta que acaba de cumprir os 38 e que para algúns ofrece unha madurez de moi bo ver mentres para outros mostra os primeiros sinais de necesitar un recauchutado urxente, pasará omesmo que con outros textos sagrados e esotéricos: que sendo un manual de instrucións de cuxa observación, aplicación e cumprimento debería obterse un resultado único e común para todos deriva en xeroglífico ou arcano con exégetas que discrepan ao interpretar o seu contido segundo os seus entendederas. Ou o que é peor, os seus intereses.

A saber: un exemplo, o artigo 35, o do dereito ao traballo. Nas ocasións nas que se convocou unha folga xeral -un dereito fundamental que recolle o artigo 21- porque os sindicatos consideran que ese precepto incumplese -pois nin todos os españois traballan nin todos os que o fan perciben “unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia”-, o Goberno de de dereitas, de esquerda, de centro ou do que sexa, lanza a advertencia aos piquetes de folguistas de que ese día non se poderá impedir o dereito ao traballo daquel español que -tendo un emprego, claro- queira exercelo (libremente, sen coacciones de ningún tipo), porque así o manda a Constitución, incumplida a día de hoxe contra 3.789.823 españois aos que se lles nega ese mesmo dereito.

Tal vez por iso, para paliar ese déficit dentro das súas modestas posibilidades e consagrado como político á súa tarefa de cumprir e facer cumprir a Constitución pero leen o artigo 35,e interpretano con “unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia”- a coñecidos que son parentes duns colegas que teñen uns amigos con achegados a persoas que algunha que outra vez e por casualidade tomáronse unhas canas cun do PP.
. A moitos dos que teñen un cargo, grazas aos seus votantes éncheselles a boca falando da Constitución porque lles vai o negocio niso. Esquecendo que o primeiro que hai que facer para manterse á marxe da lei é ser honrado.

Exit mobile version