Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas PP de Viveiro para próximo Pleno

Viveiro 11-1-17. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º) Na sesión plenaria do 22 de setembro do 2007 levouse o dictame, aprobado en pleno sobre as propostas de novos nomes para distintas rúas do Concello – un total de 18 – , asi como o aprobado tamén en pleno o 22 de decembro do 2008 relativo a dúas rúas máis ( Fragata Magdalena e Bergantín Palomo) na parroquia de Covas . No pleno do 31 de marzo do 2011 adoptouse o acordo plenario de renumerar estas rúas e burgos a maior brevidade . No pleno do 19 de febreiro do 2013 aprobabase o rueiro do barrio de Xunqueira .

Este grupo municipal no pleno do 8 de maio do 2014 fixo unha serie de preguntas dirixidas á Sra. Alcaldesa sobre estes acordos plenarios anteriormente mencionados , sendo a súa resposta que os planos para facer os novos rueiros estaban nas oficinas de Urbanismo e que se farían as comisions informativas oportunas para levar a cabo estes acordos .

Dado o considerable tempo transcurrido e como queira que a día de hoxe non se fixo nada de nada e dado que descoñecemos os motivos polo que non se se levou a cabo nin a celebración das comisións, nin a execución dos acordos, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa:

1 – Cal foi a causa polo que non se fixo a colocación das placas das rúas e non se fixo a renumeración?
2 – Teñen pensado facelo a curto plazo? En caso afirmativo, para cando?
3 – Despois de tres anos e pico – abril 2013 – ten pensado convocar a comisión correspondiente para a asignación dunha rúa a D. Carlos Oroza, ó tempo que xa de paso aproveita para asignar o espacio aprobado no pleno de xullo deste ano a D. Enrique Cal Pardo?

2º) No pleno do 6 de novembro do 2014 vista a proposta do departamento de Medio Ambiente , asi como o acordo da Xunta de Goberno Local sobre a contratación dun servicio de recollida urbana de aceites de cociña usados , acordouse por unaminidade a tramitación do expediente de contratación para este servicio , incluso o noso grupo municipal en plenos dos anos 2013 e 2014 e no apartado de rogos e preguntas tiñalle pedido ó goberno local que realizase as xestións necesarias coa empresa encargada desta recollida na Mariña, para asi contribuir á mellora do Medio Ambiente. Como xa transcurriu bastante tempo dende aquela e non soubemos nada máis ó respecto desta iniciativa, e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa :

1 – En que situación se encontran os tramites ou xestións para a contratación desta empresa encargada da recollida de aceites usados?

3º) Fai agora un ano o equipo de goberno daba conta nalgún medio de comunicación que estaban elaborando un proxecto para a ampliación e modificación da rotonda da Misericordia. A principios de 2016 Costas derribaba a nave – a antigua Opel – que había no lugar sendo este espacio acondicionado como zona verde . Como queira que a ampliación da rotonda actual está sendo moi demandada polos autobuses e transportistas , tanto polos riscos nas maniobras , como polo alto coste económico que lles suponen o desgaste das rodas e as torsións nos vehículos como consecuencia dos xiros que teñen que realizar nunha zona tan reducida , transportando cargas de ata 25 toneladas, e polo que lle PREGUNTAMOS ó equipo de goberno local:

1 ) Teñen xa elaborado o proxecto para a ampliación e modificación da citada rotonda?
2) En caso afirmativo, cal é o presuposto de dita actuación?
3) Para cando contemplan levar a cabo dita obra?

Exit mobile version