Site icon Crónica3.com A Mariña

Resumo da asemblea Da Ribeira de A Ribeira De Foz

Foz 23-1-17. Este sábado os socios reuniámonos na 4ª asamblea da nosa asociación, o acto foi moi activo e discórreo con bo ambiente.

Tras facer un resumo do pasado ano os socios mostráronse satisfeitos coa labor feita ata o de agora pola asociación e seguen dispostos a seguir traballando todos xuntos para lograr mellorar as condicións dos peiraos e fomentar a náutica recreativa na nosa vila.

Acadamos gran parte dos obxectivos fixados o ano pasado, pero falta o principal “O dragado e aumento de prazas de atraque”, dragado que con tanto empeño defendemos a sua necesidade con argumentos demostrados.

Neste apartado explicamos como esta o proceso actualmente, que as ultimas novas nos confirman o que nos fixo saber o noso alcalde fai uns días,e que os prazos que nos indicaron seguen de momento a cumprirse, os socios poñemos toda a confianza na palabra Javier Jorge Castiñeira e aledámonos de que colla o timón de forma firme neste asunto, e esperamos que siga con nos rumbo a mellorar Foz.

Nesta reunión saíron a palestra propostas para facer este ano entre as cales destacamos un proxecto para a remodelación do peirao de Porto Chico que presentaremos de forma oficial no transcurso de este ano, para este proxecto xa contamos coa a aprobación da Cofradía de pescadores e Club náutico, remodelación que explicaremos e na cal de forma sinxela e económica se melloran as condicións pésimas de abrigo de este peirao.

Tamén temos previsto varias actuacións para fomentar a náutica recreativa e pesca como;
Un importante evento de iniciación a pesca con señuelos, que será un dos pratos fortes do ano, unha excursión de pesca a Aguiño, seguir colaborando co club kayak na travesía de Foz, iremos en grupo a a feira náutica mais achegada, un concurso de pesca, ect…

Tamén se propuxo a instalación de una webcam en tempo real para poder ver como esta a saída o mar en cada momento, un dos socios prestouse a facelo desinteresadamente e cando este posta facilitaremos o enlace para poder visionala tanto no noso blog, como na nosa APP, ademais dispúxose unhas compras de materiais necesarios para a asociación.

Exit mobile version