Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta de Pasada das Cabras

A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a empezar o ano facendo o vindeiro sábado día 14 de xaneiro, a primeira etapa do Camiño do Cantábrico, dende Castropol a Praia de Arnau, de 9 quilómetros e dificulatade baixa.

A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro.

Para poder participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 12 de xaneiro ás 20,00 h.

Exit mobile version