Site icon Crónica3.com A Mariña

Sinatura do convenio para o 2017 entre AD Salto do Coro e o Clube Trinpenta Terras de Lugo

IMG_20170114_162715 Mondoñedo 15-1-17. Os presidentes da Asociación Salto do Coro, Ramiro Chao Rego, e do Club Tripenta de Lugo, José Luis Mendez Ruiz, asinaron este sábado un convenio de colaboración entre as dúas entidades polo cal ambas as entidades comprométense en potenciar o dúatlon e outros deportes dependentes da Federación de Tríatlon en Mondoñedo.

A firma estivo enmarcada na actividade que ambas as entidades organizaron este sábado pola tarde en Mondoñedo, un adestramento de dúatlon e probas de Laser Run, onde os mozos do club de Mondoñedo coñeceron este deporte.

Laser-Run é outra actividade xa realizada no colexio de Abadín cos alumnos do centro educativo.

Tamén serviu para dar a coñecer o patrocinio da actividade a través da Panadería Bouso e de INGETEAM.

Exit mobile version