A Gándara viviu unha primeira parte sen cambios no eletrónico. “Na primeira parte, esa falta de intensidade e concentración afectounos na profundidade. Ao descanso cambiamos un pouco; ao poñernos por diante no marcador o partido abriuse un pouco máis e tivemos máis posesión” explicaba De Dios, tras tomar a iniciativa os laranxas con goles de Iago Rodríguez, no 22, ampliada no 30 con Bellvert. Os mariñáns tiveron que aplicarse en defensa para non deixar escapar a eliminatoria nos últimos minutos, con 1 tanto de Iván con xogo de cinco: “A defensa de porteiro-xogador complicóusenos un pouco ao final e tocounos sufrir, pero conseguimos manter a vantaxe”, concluía Tomás de Dios.
A outra semifinal. O segundo billete que opta á final decidirase entre Noia FS e Santiago Futsal, que gañaron a O Parrulo (5-5, nos penaltis) e Leis Pontevedra (1-4) respectivamente.
Liga con derbi irmandiño, 4 de febreiro. A liga regresará tamén con arrecendo irmandiño, o sábado 4, coa Xornada 18, na pista do Santiago Futsal, duodécimo con 19 puntos, e as cámaras de Teledeporte (13.15 horas).
Ficha técnica:
Cidade de Narón: Esparza, Chicho, Brais, Víctor, Juve, cinco inicial. Tamén xogaron Sergio, Malaguti, Quique, Iván e o porteiro Arrivi no segundo tempo.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, cinco inicial. Tamén xogaron Iago Míguez, Bellvert, Cuco, Renato, Hélder
Goles: 0-1, min 22, Iago Rodríguez; 0-2, min 30, Bellvert; 1-2, min 36, Iván.
Árbitros: Vilas Martínez e De la Iglesia Castelao, de Santiago. Amoestaron a Arrivi e Víctor do Cidade de Narón e a Antoñito do Pescados Rubén Burela FS.
Incidencias: Partido de cuartos de final de XXVI Copa Galicia disputado na Gándara ante unhas 250 persoas.