Site icon Crónica3.com A Mariña

Venda de entradas anticipadas para “Falar sen cancelas”

falar sen cancelas 01Burela 24-1-17. O vindeiro venres, 3 de febreiro , ás 21:00 horas , terá lugar no Auditorio de Burela, a actuación de teatro a cargo Isabel Risco “Isa”, Pedro Brandariz e Fran Rei, que representarán a obra “ Falar sen Cancelas” baixo a dirección de Diego Rey.

FALAR SE CANCELAS é unha gala do humor. Unha gran gala de humor e comedia. Unha serie de monólogos propios , gags, recursos e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única.

As entradas para o acto estarán a venda a partir do vindeiro xoves, 26 de xaneiro, na Biblioteca Pública de Burela, na Casa da Xuventude e na Cervecería – Vinoteca O Traste. O prezo será de 3 euros anticipada e de 5 euros en taquilla.

Exit mobile version