Site icon Crónica3.com A Mariña

Viesgo patrocina o Salto do Coro

15675977_10208201088680459_8873840220920526697_oMondoñedo 4-1-17. A Asociación Salto do Coro presenta os seus novos equipamentos que se entregarán o sábado 7 ás 18:30 na Casa da Mocidade.

Os equipamentos teñen no seu centro a imaxe da Catedral coa frase “Patrimonio da Humanidade”, tendo o escudo da Asociación e o escudo do Concello.

Este deseño personalizado para as escolas está xa á venda na tenda de Deportes Xistrail de Mondoñedo a 25 euros.

Entregaranse tamén ese día os chandals das escolas.

Todo este material é patrocinado por VIESGO. Este patrocinio dálle outro salto de calidade ás escolas deportivas. Deste patrocinio benefícianse os equipos de fútbol-sala, atletismo, bádminton e baloncesto.

Exit mobile version