Site icon Crónica3.com A Mariña

1ª Xornada do V Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro

IMG_6283O Valadouro 19-1-17. O pasado sábado, día 18, celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz a Primeira Xornada do V Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro. Proxectouse o filme “O eslabón perdido”, un documental de Pablo Ces, estando presentes para presentalo o propio Director e o protagonista do mesmo, Benito, que nos explicou a dificultade dun traballo como é o de percebeiro en Corme, así como o traballo de bucear para recoller miñocas de mar e o de practicar como afección o búlder, escalada en rocas de pouca altura só coas mans e os pés. Proxectouse a continuación o documental de Pepe Peinó sobre a Proba Artística das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, do pasado ano 2016. Estiveron presentes diversos membros do Seminario de Estudos do Valadouro, que organiza este Festival, así como outros espectadores, e o Concelleiro de Cultura de Alfoz, Xabier Pardiñas, que fixo entrega a Pablo Ces e Benito dun agasallo consistente na Torre do Mariscal, segundo deseño de Pepe Blanco, deseñador de Sargadelos.

A vindeira xornada do Festi-Val será o sábado 4 de marzo, ás 19,00 horas, na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, onde se poderá ver a película “Sicixia”, de Ignacio Vilar, e o documental “Antigas tabernas do Valadouro”, de Pepe Peinó.

Exit mobile version