Site icon Crónica3.com A Mariña

A asoc. de artes marciais orientais da Mariña desprazouse a Burgos

Unknown-6Cervo, 21 de Febreiro de 2017. Esta fin de semana a Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña desplazou aos seus membros ata a localidade burgalesa de Cornudilla, sito no concello de Briviesca, para realizar dous cursos de Taiji Quan e Iaido.

O entorno amosouse incomparable para a realización das actividades propostas e é que a localidade acolle un centro de meditación e Artes Marciais. O conxunto é un vello mesón restaurado, no que a sociedade Budosakura invertiu máis de 250.000€ para arranxar a vella construcción e comenzar así unha actividade de agroturismo sostible.

A beleza do marco incomparable fixo da practica unha fin de semana inolvidable para os membros da asociación. Do mesmo xeito os mariñáns asistentes tamén disfrutaron do paraxe no que se encontra situado o centro de meditación e Artes Marciais Budosakura, así puideron visitar o precioso pobo, así coma das fervenzas e mantiais do entorno. Tódolos membros da asociación destacaron o ambiente familiar, cercano e a enorme disposición tanto do anfitrión, Jose Ángel Amor como da súa familia, que conseguiron que tódolos practicantes se sentiran coma na casa mentres adquirían coñecementos propios das artes marcíais.

Exit mobile version